sábado, dezembro 31, 2005


Cando todo o mundo debería estar contento e cando el berra,
e saélle de dentro, coma quen solta
algo que non pode reter por máis tempo
berra
son un infeliz!
E alguén resposta
É imposible, debes, tes que ser feliz. A xente canta pola rúa, tes que mercar cousas que non precises, ollar dutante horas luceciñas narcóticas e delirantes e aprender de memoria letras absurdas que cantan acerca dun tempo que nunca chegarás a coñecer
-Non quero, estou ben así, consciente da miña infelicidade, e, só por iso, vivo. Sei que nunca vai ser todo perfecto, nin por unha hora, que nunca terei arbolito e sorrisos eternos, nin langostinos en salsa rosa. Sei que me equivoco demasiado, sei que non fago nin a metade do que debería facer. Por iso síntome mal, non me considero nin a metade de bo do que me gustaría tampouco. E non son feliz. Nin aspiro a selo. ¿Que medo lle dá a xente admitilo?
Ao noso personaxe reclúeno lonxe do resto da xente, non pode abrirlles os ollos, ensinarlles o que pensa, ¿para que?
¿Para crear un mundo de infelices? Mellor que pensen que son o mellor, que viven no mellor dos mundos posibles e que non hai inxustizas, que mentres beben champán a 100 metros hai xente dormindo en cartóns no palco da música. Que non. Que sorrían. E que merquen.
Bo Nadal
E Feliz 2006

0 Louvanzas/labazadas:

Enviar um comentário

<< Home