sábado, dezembro 31, 2005


Cando todo o mundo debería estar contento e cando el berra,
e saélle de dentro, coma quen solta
algo que non pode reter por máis tempo
berra
son un infeliz!
E alguén resposta
É imposible, debes, tes que ser feliz. A xente canta pola rúa, tes que mercar cousas que non precises, ollar dutante horas luceciñas narcóticas e delirantes e aprender de memoria letras absurdas que cantan acerca dun tempo que nunca chegarás a coñecer
-Non quero, estou ben así, consciente da miña infelicidade, e, só por iso, vivo. Sei que nunca vai ser todo perfecto, nin por unha hora, que nunca terei arbolito e sorrisos eternos, nin langostinos en salsa rosa. Sei que me equivoco demasiado, sei que non fago nin a metade do que debería facer. Por iso síntome mal, non me considero nin a metade de bo do que me gustaría tampouco. E non son feliz. Nin aspiro a selo. ¿Que medo lle dá a xente admitilo?
Ao noso personaxe reclúeno lonxe do resto da xente, non pode abrirlles os ollos, ensinarlles o que pensa, ¿para que?
¿Para crear un mundo de infelices? Mellor que pensen que son o mellor, que viven no mellor dos mundos posibles e que non hai inxustizas, que mentres beben champán a 100 metros hai xente dormindo en cartóns no palco da música. Que non. Que sorrían. E que merquen.
Bo Nadal
E Feliz 2006

terça-feira, dezembro 27, 2005





Chove en Santiago
meu doce amor
Camelia branca do ár
brila entebrecida ao so l...

"Canto terror
levamos os homes."
Só estás, nesta cidade
coa que non tes soñado endexamáis.
Relembras os teus sinos,
cuxos sons
fuxiron xa dos teus ouvidos.
Paseas lentamente
e con ninguén podes
trocar o teu sorriso.
Ollas pra ese edificio
sen náis nas fiestras.
Tes medo ós arrabaldos.
Ti sabes que alí as bandeiras
están abatidas e esfarrapadas.
Coñeces que existe
unha hora solitaria
coroada por un silencio de morte.
Ti sabes que todos os días
hai un home morto
que ninguén coñece aínda,
en cuxa ollada derradeira
ficou
unha praza valeira
descoñecida para el¡

(Falta poema!) :D

segunda-feira, dezembro 26, 2005


Amei a unha muller que tamén me amaba, pero tívena que abandonar.
¿Por que?
Non o sei. Era como se estivera rodeada dun grupo armado, as súas lanzas apuntaban cara áfora. Cando me acerquei entrei no seu radio de acción, fun ferido e tiven que retroceder. Levo sufrido moito.
¿A muller non tiña culpa de nada?
Non o creo, ou mellor dito, seino. A comparación anterior non era completa. Eu tamén estaba rodeado por un círculo de xente armada, as súas lanzas apuntaban cara ó interior, é dicir cara min. Cando intentaba ir cara a muller topaba primeiro coas lanzas da miña xente armada e non podía avanzar. Quizais nunca cheguei ata o círculo armado da muller e se tivera chegado faríao xa sangrando e sen coñecemento.
¿Quedou sola a muller?
Non, outro pudo penetrar ata ela, facilmente e sen impedimentos. Eu mirei, agotado por todos os meus esforzos, con indiferencia, como se fose o aire a través do que os seus rostros se rozaron no primeiro bico.
Veu a visitarme o mar:
o mar de Finisterre, o mar da Vida
o mar maior dos pailebotes áxiles,
arrecendendo a aceite de liñaza de roupa mariñeira,
a saín e argazo
a escuma fresca, a brea, a galipote.
E foi un temporal o meu alento:
oceánicas foulas abalaran a selva
porque me veu a visita-lo mar.
Ouh que salgado orballo me atereceu o corpo
a un mil e cincocentos quilómetros do home:
o amigo, o compañeiro de perfecta entraña
o capitán dos meus veleiros claros
o mar feliz arrolador de dornas
tan amado de meu que non me esquece.
Mariñeiro: Unha noite cantarémo-los dous
bébedos como Ulises no malecón dun porto
cubertos de salitre e de sueste, os dous
ulindo a mar, a libertade, a viño.
Unha noite cantarémo-los dous
e o mar estará ledo como un pai regresado.

En Compostela está o que perdemos
e vai nacendo noutros i esto é o grande milagre
(¡UNHA LAPA LENE, UNHA CANDELEXA!)
da conciencia desta patria
conservada en pequenos corazóns
ardentes con fogo doce que non morre.
En Compostela soterraron a semente
chamada Xohán Xesús González, porta
dun futuro suntuoso e proletario
que avanza cara nós con alboroto
e venme o arreguizo somentes de pensalo e de amalo.
En Compostela estamos
moitos xa para sempre derrotados.

Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Celso Emilio. Maria Soliña, máis...

domingo, dezembro 25, 2005


Xurdiron no tempo do sono,
nas noites que tentei morrer,
como ti o fixeras tempo atrás,
almas escritas en papeis engurrados
mentes comunistas
guerreiras e amantes
de neno salvaxe
(cheo de gracia)
que liberou á humanidade
da ruína do esquecemento.
Así emborracheime nun deses poemas de motel,
e o vodka
fíxome colgar
bandeiras comunistas sobre o altar.
E chamei a berros
Pero el non saiu (como esperaba).
E bebín bágoas de sangue
derramadas sobre folios de mala calidade
e convertéronse en néctar.
E comín bicos
arrombados entre liñas azuis
e transformáronse en pan.
E entendín
que os corpos observan dende abaixo
mentres eu te amo.
María Lado. A primeira visión. Enteiriño eiquí

Bob Dylan- Like A Rolling Stone

quinta-feira, novembro 10, 2005

O poema

un poema é un ser vivo que anda,
respira, soña, chora, salouca,
ama, berra, cintila e escurece,
cala, aborrece a mentira,
sente odio e ternura, desángase,
fala de intimidade a intimidade
coas cousas e coa xente, suxere
mundos posibeis e imposibeis,
suda, cansa, sente sede e fame,
adoece, agoniza.
E nunca morre.
A Luz Ressuscitada, Manuel María

sábado, abril 16, 2005

xxxx

xxxxx