segunda-feira, dezembro 26, 2005


Amei a unha muller que tamén me amaba, pero tívena que abandonar.
¿Por que?
Non o sei. Era como se estivera rodeada dun grupo armado, as súas lanzas apuntaban cara áfora. Cando me acerquei entrei no seu radio de acción, fun ferido e tiven que retroceder. Levo sufrido moito.
¿A muller non tiña culpa de nada?
Non o creo, ou mellor dito, seino. A comparación anterior non era completa. Eu tamén estaba rodeado por un círculo de xente armada, as súas lanzas apuntaban cara ó interior, é dicir cara min. Cando intentaba ir cara a muller topaba primeiro coas lanzas da miña xente armada e non podía avanzar. Quizais nunca cheguei ata o círculo armado da muller e se tivera chegado faríao xa sangrando e sen coñecemento.
¿Quedou sola a muller?
Non, outro pudo penetrar ata ela, facilmente e sen impedimentos. Eu mirei, agotado por todos os meus esforzos, con indiferencia, como se fose o aire a través do que os seus rostros se rozaron no primeiro bico.

1 Louvanzas/labazadas:

Blogger xorna coidou oportuno dicer

que acertado está o meu querido kafka! ás veces hai milleiros de "lanzas" que fan que unha relación non chegue a bo fin...

segunda-feira, dezembro 26, 2005  

Enviar um comentário

<< Home