segunda-feira, dezembro 26, 2005

2 Louvanzas/labazadas:

Blogger oko coidou oportuno dicer

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

sexta-feira, dezembro 30, 2005  
Anonymous Anónimo coidou oportuno dicer

nunca cho dixen. sempre o calei por medo. por medo do que puideran disir. do que puideran pensar.
e proía por dentro como levar lume. proía e eu non sabía que lle faser.
cando te ía ver, fasía coma se non pasara nada. intentaba pareser a mesma de antes. a mesma de sempre. e non podía.
supoño que ti o notaches desde o prinsipio, pero disimulabalo ben. a noite aquela eu estaba nerviosa. tatexaba ao falar e tampouco tiña moito que disir. despois ti espícheste porque a lúa estaba xa moi baixa e convidáchesme a asercarme. cos ollos querás quitarme o medo. achéghate, achéghate, como unha ladaíña a repetirse no eco do aire. a area aínda estaba húmida da chuva do inverno. pero eu non o notaba. agharreime ás rocas para asercarme a ti. tiñas os brazos abertos e respirabas tranquilo. o peito acompasado arriba e abaixo, arriba e abaixo. as olas lambéronme os pés. fasía frío pero xa todo daba igual. os ollos comesaron a chorarme. ao caer, as lághrimas confundíronse coa túa pele. estabamos feitos da mesma materia

...

sexta-feira, dezembro 30, 2005  

Enviar um comentário

<< Home